Detido por roubar 150 quilos de carne de tenreira en Celanova
Publicado o 20/10/2020 14:47
Logrou apoderarse de 150 quilos de carne de tenreira dun matadoiro en Celanova. Forzou unha ventá e accedeu ao interior. Logrou meter todos os quilos de carne na furgoneta que levaba e fuxiu.
A Garda Civil logrou localizalo. É veciño da Merca e ten 40 anos. Investígano como suposto autor dun delito de roubo con forza. O valor da carne subtraída pasa dos 2.000 euros.