CRTVG

Buscar

Detido por matar á nai e ferir ao irmán en Vilafranca del Penedès

Publicado o 04/09/2021 14:04

A policía catalá detivo un home como presunto autor da morte da súa nai e por ferir o seu irmán.

Os Mossos din que a agresión dobre produciuse no domicilio familiar, na localidade barcelonesa de Vilafranca del Penedès, onte pola tarde. Aínda que o asunto está baixo segredo sumarial, o que transcendeu é que o home detido acoitelou a súa nai e o seu irmán. A nai morreu a consecuencia do ataque, e o irmán está grave nun hospital da zona.

 

Noticias web

04/09/2021