CRTVG

Buscar

Detido por ir cunha escopeta sen licenza e acirrar o can para que mordese un axente

Publicado o 20/10/2021 11:42
Detido por ir cunha escopeta sen licenza e acirrar o can para que mordese un axente

A Policía Local de Vigo detivo un home que circulaba cunha escopeta e que acirrou o seu can contra un axente. Todo comezou cando o condutor de 36 anos tivo un accidente en que chocou contra un coche estacionado no camiño da Marquesa.

O dono do vehículo afectado alertou a policía, que se presentou no punto. Cando chegaron comprobaron que o home fuxira deixando o seu coche abandonado preto do lugar do sinistro. No interior deste vehículo os axentes atoparon nun do asentos unha escopeta con dous cartuchos na recámara.

O guindastre trasladou o coche ao depósito e horas despois o home chamou para reclamalo, esixindo explicacións. Os axentes acudiron á súa vivenda e unha vez alí púxose moi agresivo, mesmo chegou a incitar o seu can de raza perigosa, que acabou mordendo a un axente nunha perna.

O home, que foi arrestado por atentado á autoridade, carecía de licenza para este tipo de animais e tamén para manipular armas.

Noticias web

20/10/2021