Detido por homicidio imprudente o condutor implicado na morte de dous ciclistas en Barcelona
Publicado o 29/11/2020 17:51
Dous ciclistas morreron e un terceiro está en estado crítico despois dun accidente cun turismo nunha estrada comarcal da localidade barcelonesa de El Papiol. O tráxico suceso tivo lugar cando un turismo invadiu por causas que se descoñecen o sentido contrario da estrada, pola que circulaba un grupo de tres ciclistas.
Como resultado do impacto do turismo dous dos ciclistas morreron e o terceiro está ingresado en estado crítico nun hospital. Ata o lugar desprazáronse distintas patrullas da Policía catalá e unidades dos Servizos de Emerxencia que non puideron facer nada polos falecidos.
Os axentes que levantaron o atestado do accidente e investigan as súas circunstancias detiveron por homicidio imprudente o condutor do vehículo implicado.