CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por estafar 30.000 euros con datos dunha web de adultos

Publicado o 28/02/2019 12:20

A Policía Nacional detivo un home como presunto autor de varias estafas realizadas a persoas coas que supostamente contactaba mediante páxinas web de adultos e que suman máis de 30.000 euros.

Os delitos dos que o acusan son usurpación de identidade, estafa, falsidade documental, furto e reclamación xudicial. A investigación iniciouse tras unha denuncia presentada por un home por distintos cargos na súa tarxeta sen o seu consentimento. Tamén se efectuaron retiradas de diñeiro en caixeiros e nunha empresa de microcréditos.

A policía descubriu varias situacións semellantes e conseguiron dar co home, que xa contaba con 7 antecedentes semellantes e tiña dúas ordes de detención.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019