CRTVG

Buscar

Detido por entrar armado na Casa Rosada para reunirse con Macri

Publicado o 13/05/2019 20:43
Detido por entrar armado na Casa Rosada para reunirse con Macri

En Bos Aires, a policía detivo un home que intentou entrar cunha pistola na Casa Rosada, sede do Goberno arxentino, para reunirse co presidente Mauricio Macri. O persoal de seguridade, tras comprobar que non había ningunha audiencia prevista, impediulle a entrada e nese momento o detido sacou o revólver que levaba nun maletín.

Non é o primeiro incidente deste tipo. Hai dous anos, un individuo con problemas psiquiátricos intentou burlar a seguridade da Casa Rosada. E o pasado novembro, catro mozos quixeron entrar co coche nunha residencia de descanso de Macri.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019