Detido por deixar malferido un menor en Ourense
Publicado o 07/09/2020 14:11
Levaba escapado un ano. A policía logrou detelo; buscábao por ser o suposto autor dunha malleira a un rapaz menor de idade no centro de Ourense.
É un vello coñecido da policía, malia a súa xuventude. Con vinte e catro anos, cónstanlle once detencións anteriores, a maioría con pelexas polo medio. Ao parecer el e mais outro home deixaron malferido un menor de idade ao que lle inflixiron varios cortes cunha navalla e cunha botella de cristal. O arrestado, de nacionalidade dominicana, quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración xudicial. Segue investigado por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa.