CRTVG

Buscar

Bos días

Detido por corrupción Julio de Vido, o ex-ministro con máis poder do 'kichnerismo'

Publicado o 26/10/2017 09:40

Na Arxentina foi detido por corrupción o funcionario con máis poder das presidencias de Néstor e Cristina Kirchner, o deputado e ex-ministro de Planificación Federal Julio de Vido.
A súa detención marca un antes e un despois nas causas por corrupción que afectan importantes ex-funcionarios 'kichneristas'.

O que fora o home de confianza de Néstor e Cristina Kirchner durante os doce anos de presidencia que tiveron na Arxentina, o deputado e ex-ministro de Planificación Julio De Vido, entregouse á Xustiza nestes Tribunais de Bos Aires nos que me atopo, despois de que a Cámara dos Deputados lle retirase a inmunidade parlamentaria que tiña.

Sobre el pesaban dous pedidos de prisión preventiva e a súa detención supón un novo revés para un kirchnerismo moi lastrado pola corrupción.

Foi o ministro máis poderoso da era Kirchner. Polas súas mans pasaba toda a obra pública e un dos maiores presupostos do Estado.

Agora a xustiza sinálao por unha presunta fraude millonaria nun proxecto mineiro no sur da Arxentina que nunca se levou a cabo e polo suposto pago de sobreprezos na compra de gas licuado.

A detención de De Vido supón un antes e un despois para o kirchnerismo.

A propia Fernández de Kirchner está procesada en varias causas xudiciais e hoxe mesmo deberá prestar declaración por presunto encubrimento dos terroristas acusados de atentar contra a mutualista xudía AMIA en 1994.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

26/10/2017