CRTVG

Buscar

Detido por asaltar a punta de pistola unha farmacia en Ourense

Publicado o 09/08/2019 20:25
Detido por asaltar a punta de pistola unha farmacia en Ourense

A Policía Nacional detivo en Ourense un home de 53 anos acusado de asaltar unha farmacia na céntrica rúa Progreso a plena luz do día. Intimidou a unha das empregadas cun coitelo e foi quen de facerse cun botín de 1850 euros. Os axentes detivérono catro días despois, está acusado dun delito de roubo con violencia e intimidación. Cónstanlle 29 detencións anteriores . O xuiz decretou o seu ingreso no cárcere tras prestar declaración.

Noticias web

09/08/2019