CRTVG

Buscar

Detido por ameazar cun coitelo un cliente dunha pensión de Lugo

Publicado o 15/04/2019 13:36

En Lugo detiveron o cliente dunha pensión por ameazar outro cun coitelo. Segundo a denuncia, o presunto agresor botou abaixo a porta do cuarto onde se hospedaba a vítima, abalanzouse sobre ela e amezouna con matalo. Nun momento do forcexo o presunto agresor marchou e volveu cun coitelo da cociña.

O denunciante declarou que lanzara dúas coiteladas ao aire, pero que conseguira esquivalas e que fuxiu, encontrando refuxio nun establecemento que hai a carón da pensión. Dende alí alertou a policía. Cando os axentes chegaron, encontraron a vítima moi asustada e con restos de sangue nas mans.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019