CRTVG

Buscar

Prisión para o acusado de agredir sexualmente a súa nai de 76 anos en Parla

Publicado o 14/08/2019 16:27

Na localidade de Parla, en Madrid, un home agrediu sexualmente e golpeou brutalmente a súa propia nai de 76 anos de idade, que tivo que ser ingresada no hospital.

Os berros da anciá alertaron unha veciña que chamou a policía. Cando os axentes lograron entrar na vivenda atoparon unha situación dantesca. A muller acababa de recibir unha malleira mentres seu fillo xacía completamente borracho na cama.

"Atoparon unha muller de 76 anos que presentaba graves golpes por toda a cara e en varias partes do corpo. Automaticamente en base ás declaracións da muller detivemos o seu fillo, de 56 anos, que tamén estaba no seu domicilio como presunto autor dun delito de agresión sexual", explica o voceiro da Policía Nacional.

Non era a primeira vez. Ao home detivérano en doce ocasións por maltratar a nai. A anciá relatou que xa a agredira sexualmente hai dous anos.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019