CRTVG

Buscar

Detido por acoitelar de madrugada un home no concello de Pantón

Publicado o 22/02/2020 20:40
Detido por acoitelar de madrugada un home no concello de Pantón

A Policía Nacional detivo este sábado en Monforte un home que acoitelou outro de madrugada nunha praza de Goián. Nunha pelexa, o agresor cravoulle un coitelo á vitima nunha perna e feriuno de gravidade.

Un grupo de amigos trasladárono ao hospital comarcal de Monforte. No centro sanitario tamén se presentaron amigos do agresor e comezou unha forte discusión. Alertados os axentes da Policía Nacional, desprazáronse ao hospital e detiveron ao presunto agresor. A vítima xa recibiu a alta médica.