CRTVG

Buscar

Detido por abusar sexualmente dunha nena con discapacidade psíquica en Sevilla

Publicado o 13/02/2018 20:40

A policía detivo hai unha semana en Sevilla un home de 48 anos acusado de abusar sexualmente dunha nena de 13 que padece unha minusvalía psíquica. A vítima era amiga dun dos fillos do detido, tamén minusválido, que foi quen lle contou á policía o que pasaba. O agresor xa fora condenado por violencia machista e tiña unha orde de afastamento da súa muller, pero seguía vivindo na casa familiar. Foi precisamente na investigación deste incumprimento xudicial, ao interrogar o fillo, como a policia coñeceu os feitos. Os axentes atoparon o detido dentro dun armario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018