CRTVG

Buscar

Detido como principal sospeitoso do incendio en que morreu o seu pai

Publicado o 09/06/2019 20:45

Os Mossos d'Equadra detiveron hoxe en Vilanova i la Geltrú un home de vinte e un anos como presunto autor do incendio que lle causou a morte a seu pai.  O lume declararouse no piso da vítima, que ocupaba todo o quinto andar deste edificio do centro de Vilanova. Seis dotacións de bomeiros traballaron na extinción das lapas e, ao remate da súa intervención, atoparon o cadáver nun dos cuartos que daban á terraza. Tras as primeiras investigacións, a policía catalá detivo o fillo da vítima como principal sospeitoso. O xuíz de garda decretou o segredo do sumario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019