CRTVG

Buscar

Detido o 'youtuber' David Díaz por ir a 228 km/hora nun Lamborghini

Publicado o 11/06/2019 22:41
Detido o 'youtuber' David Díaz por ir a 228 km/hora nun Lamborghini

David Díaz, un youtuber con máis de catro millóns de seguidores e coñecido como Alphasniper, foi detido por circular a 228 quilómetros por hora nunha estrada secundaria madrileña limitada a 100.

A Garda Civil informou da súa detención, que se produciu nun dos controis rutineiros que fai Tráfico en estradas secundarias, en concreto no quilómetro 18 da M-111, no termo municipal de Algete. O youtuber, de 22 anos e coñecido por publicar fundamentalmente vídeos relacionados con videoxogos, circulaba cun Lamborghini Huracán.

O mozo dedicou varios dos seus vídeos a contar que comprara este vehículo, algo que era "o seu soño". Díaz está acusado dun presunto delito contra a seguridade viaria, tipificado no artigo 379, capítulo IV do Código penal. Podería ser condenado a unha pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a 12 meses e traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e á de privación do dereito para conducir por tempo superior a un e ata catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019