CRTVG

Buscar

Detido en Vigo o home que lle sacou un ollo á súa muller ao golpeala cunha aixada

Publicado o 11/05/2019 22:07

Detido un veciño de Vigo de 47 anos despois de golpear a súa muller cunha aixada no rostro, provocándolle a perda dun ollo. Os feitos aconteceron na madrugada deste venres. O home trasladara asúa parella, de 41 anos ata os servizos e urxencias de Povisa contra as seis da mañá con feridas graves no rostro. Foron os facultativos os que deron aviso á Policía Nacional ao sospeitar de que se trataba dun posible ataque machista.

A muller exculpou o home en todo momento. Tras prestar declaración ante a policía o presunto agresor botou a noite nos calabozos, á espera de pasar nas próximas horas a disposición xudicial. O caso tramítase como unha tentativa de homicidio. A parella ten un fillo en común.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019