CRTVG

Buscar

Detido o suposto autor dun incendio rexistrado nun bar de Cangas o 17 de agosto

Publicado o 01/09/2019 11:27

A Garda Civil identifica un home como suposto autor dun lume rexistrado nun bar de Cangas o 17 de agosto. As lapas queimaran o lateral do edificio e os servizos de extinción tiveran que evacuar as seis persoas que se topaban no inmoble.

A investigación aberta determinou que o lume fora intencionado e se iniciara nas mesas e cadeiras da terraza do bar situado no baixo. Grazas ao relato de varias testemuñas, detiveron o suposto autor, un veciño de Cangas de 35 anos.

A Garda Civil sospeita que actou por unha inimizade manifesta co dono do establecemento. Está acusado dun delito de danos intencionados con perigo para as persoas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019