CRTVG

Buscar

Detido o suposto asasino de tres de persoas sen teito en Barcelona

Publicado o 28/04/2020 13:36

Os Mossos d'Esquadra detiveron o suposto autor de tres homicidios de indixentes ocorridos en dez días na capital catalá, o último esta pasada medianoite. Os investigadores intentan determinar agora se o detido, de 35 anos, é tamén responsable dun cuarto homicidio cometido a mediados de marzo ás portas dun supermercado barcelonés.A detención ocorreu na localidade de Sant Cugat del Vallès, poucas horas despois de descubrirse a que sería a súa terceira vítima, un indixente que durmía na rúa no distrito barcelonés do Eixample.

Tiña a cabeza desfeita a golpes cunha barra de ferro que o agresor abandonou xunto ao corpo. Este mesmo mes de abril, os días 16 e 18, outros dous indixentes apareceron mortos en idénticas circunstancias e no mesmo distrito. O suposto homicida, de 35 anos, foi identificado grazas ás imaxes recollidas polas cámaras de seguridade nos distintos escenarios dos crimes.

Os axentes do grupo de homicidios da policía autonómica catalá que se encargaron de arrestalo, investigan agora se o home está relacionado cun cuarto homicidio perpetrado na capital catalá o 19 de marzo pasado, o dun sen teito acoitelado ás portas dun supermercado.

Noticias web

28/04/2020