CRTVG

Buscar

Detido o Rambo de Requena en Teruel despois de ferir un garda civil

Publicado o 09/06/2020 13:53

O garda civil ferido por Pedro Lozano, alcumado o Rambo de Requena, evoluciona favorablemente das súas lesións, ao igual que o delincuente arrestado despois doutro tiroteo na localidade turolense de Andorra.

O detido estaba sendo buscado desde hai varias semanas por varios roubos con violencia perpetrados na Comunidade Valenciana.Dúas horas e media. Ese é o tempo que transcorreu entre o tiroteo no que feriu un garda vivil e a súa detención nas proximidades da localidade turolense de Andorra.

Tamén ferido, Pedro Lozano, coñecido como o Rambo de Requena, permanece internado no hospital de Zaragoza no que ingresou cun disparo na perna. Na UCI dese mesmo centro hospitalario está ingresado o axente ao que o delincuente feriu no abdome. Ambos evolucionan favorablemente.

Lozano estaba sendo buscado desde hai semanas por varios roubos violentos cometidos na provincia de Valencia.

A súa pista perdeuse ata que volveu emerxer este luns nun control de estrada en Muniesa, no norte de Teruel. Despois de abrirse paso a tiros, iniciou unha fuxida de 36 quilómetros, primeiro a pé e despois en dous vehículos roubados, que rematou na localidade de Andorra, onde foi arrestado.

"Mandeino cara a un lado dicíndolle que había piñeiral, que non había piñeiral. Sabía que se non era nos primeiros bancais que o buscaban, ía ser na montaña esa".

Unha vez se recupere das súas feridas, o detido será posto a disposición xudicial.

 

Noticias web

09/06/2020