CRTVG

Buscar

Detido o propietario da fábrica da India en que morreron 43 traballadores por un incendio

Publicado o 09/12/2019 12:22

A policía india detivo o propietario da fábrica destruída por un incendio, en que morreron 43 traballadores e 16 quedaron feridos.

As vítimas durmían dentro do edificio sinistrado, de seis plantas de altura, e situado nunha zona de rúas estreitas que dificultaron o acceso de bombeiros e ambulancias.

Aínda se investigan as causas do incendio, pero todo parece indicar que o lume se orixinou debido a un fallo eléctrico. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019