Detido o presunto autor do incendio en Vimianzo
Publicado o 17/07/2020 22:26

A patrulla de Protección da Natureza de Corcubión, en colaboración coa Garda Civil, procedeu á detención e posta en liberdade á espera de xuízo, dun veciño de Vimianzo , de 22 anos, como presunto autor do incendio rexistrado na localidade. Segundo explica a Benemérita nun comunicado, os feitos sucederon mentres o home estaba a rozar e, tras saltar unha faísca, empezou a arder a zona afectada. Tras iniciarse o lume, abandonou o lugar nun tractor.
A Garda Civil foi alertada por un usuario da vía, ao que lle agradeceu a súa rápida colaboración. O incendio deixou onte unhas 25 hectáreas arrasadas.