CRTVG

Buscar

O presunto homicida de Salceda podería pasar a disposición xudicial o luns

Publicado o 09/06/2019 12:32

• A Garda Civil rexistrou o seu piso en busca da arma do crime | A agresión produciuse en plena rúa | O camareiro, de orixe marroquí, era moi apreciado polos seus compañeiros

Xa foi detido o presunto autor do acoitelamento mortal desta madrugada en Salceda de Caselas, que acabou coa vida dun mozo veciño da localidade. Na detención do agresor foi clave a descricción das testemuñas. 

Este é o momento no que a Garda Civil detiña o presunto autor do acoitelamento mortal en Salceda de Caselas. Os axentes arrestárono na mesma vila a primeira hora da tarde. Trátase dun home duns 30 anos, coñecido polo alcume do "Alemán".

Foron os datos e as descricións das testemuñas dos feitos as que permitiron a súa identificación. Xa nun primeiro momento, algúns apuntaban aos seus trazos xermanos.
Ao parecer, a liorta comezou de madrugada no interior dun local de ocio de Salceda, para despois continuar na rúa, onde a vítima, Soufian, un mozo de 24 anos, recibía as coiteladas mortais.

Familiares e amigos da vítima quixeron recordalo, poñendo flores e candeas no lugar no que perdeu a vida. O detido permanece en dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019