CRTVG

Buscar

Detido o presunto autor da morte do xerente dun bar da zona vella de Ourense

Publicado o 25/05/2020 20:55

Detido o presunto responsable da morte do xerente dun bar na zona vella de Ourense. O corpo de Evaristo Morín, de 65 anos, apareceu o pasado 5 de febreiro con feridas de arma branca no pescozo. Atopárono uns clientes tras a barra do local que rexentaba na rúa Colón.

Tras varios meses de investigación, a Policía Nacional detivo este luns a un home na cidade como presunto autor do crime. O detido atópase na comisaría á espera de pasar a disposición xudicial.

O caso está baixo segredo de sumario polo que, de momento, non transcendeu nada sobre a súa identidade nin os motivos que o levarían a cometer o presunto homicidio.

Noticias web

25/05/2020