Detido un líder de Vox en Lleida por presuntos abusos sexuais a menores
Publicado o 06/03/2019 21:05
Detido un dos líderes de Vox en Lleida acusado de delitos sexuais. José Antonio Ortiz Cambray está a ser investigado por abusar, supostamente, dun menor con discapacidade. A investigación precipitouse despois de que un centro tutelado da Generalitat denunciase imaxes no móbil do menor que poderían implicar a Ortiz nos abusos. A policía sospeita, incluso, de que podería haber máis vítimas. Vox di que só era un militante e suspendeu a súa afiliación.