CRTVG

Buscar

Liberdade con cargos para Álvaro Ratón por un presunto intento de violación

Publicado o 11/07/2018 19:59

Deteñen o futbolista carballiñés Álvaro Ratón por, supostamente, intentar violar unha muller no Carballiño. A vítima denunciou que a noite de San Xoán a tirou a unhas escaleiras, a bicou contra a súa vontade, a sobou e chegou a baixar os pantalóns antes de fuxir tras os berros dela. O porteiro do Real Zaragoza pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade investigado por un presunto delito de agresión sexual. O club emitiu un comunicado pedindo respecto ao futbolista e á súa presunción de inocencia ata que o suceso se resolva.

Os feitos aconteceron presuntamente o 23 de xuño no barrio de Flores do Carballiño. Segundo denunciou a muller, ela estaba de madrugada nun bar de copas e saíu fumar un cigarro. Supostamente achegóuselle o futbolista Álvaro Ratón, ao que coñecera o día anterior por uns amigos comúns, e invitouna a tomar algo. Ela negouse, convidouna a ir a un hotel e ela volveu decirlle que non. Entón, tal cal narrou a vítima á Garda Civil, zarandeouna, chamoulle "zorra" e tirouna contra unha escaleira. Bicouna á forza e meteulle a man debaixo da saia contra a súa vontade. O presunto agresor chegou a baixar os pantalóns. Ela berrou e el fuxiu.

A muller presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil do Carballiño malia que, segundo fontes próximas á vítima, o futbolista lle chegou a ofrecer 60.000 euros para que non o fixese. O pasado luns dous de xullo, a Garda Civil detivo a Álvaro Ratón, de 25 anos, porteiro do Real Zaragoza, cando volveu ao Carballiño, de onde é natural. Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade investigado por un presunto delito de agresión sexual. Hoxe adestrábase co seu equipo en Zaragoza. O club emitiu un comunicado pedindo respecto ao gardameta e a súa presunción de inocencia ata que o suceso se resolva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018