CRTVG

Buscar

Detido o home que, presuntamente, matou unha muller nunha rúa de Madrid

Publicado o 03/03/2020 20:47

Detido en Albacete o home que, presuntamente, asasinou en plena rúa de Madrid unha muller paraguaia. O home entregouse a dous axentes da Policía Local de Albacete, que o entregaron na comisaría da Policía Nacional. Os axentes atoparon nun coche seu armas de fogo. 

O grupo de homicidios da Policía Nacional tiña unha orde de busca activa para tratar de localizar o individuo que a semana pasada matou unha muller en plena rúa no barrio de Ciudad Lineal de Madrid. Esta presión fixo que se sentira acurralado e presionado. Trátase dun individuo de 56 anos, natural dunha vila de Cidade Real, que se acabou entregando o domingo pola noite a unha patrulla da policía local de Albacete. Varias testemuñas do suceso facilitaron datos que permitiron identificalo.

A policía investiga se as armas que apareceron no seu coche foron usadas para cometer o asasinato.

As primeiras hipóteses apuntan a que o presunto autor do crime tiña unha relación sentimental coa vítima e unha certa obsesión con ela. O home usou unha arma de fogo para acabar coa vida da muller.

Noticias web

03/03/2020