CRTVG

Buscar

Detido o home que presuntamente gravou mozas polas rúas de Santiago

Publicado o 11/10/2018 17:29

Detido o home que presuntamente gravou mozas polas rúas de Santiago, dúas delas menores, e que logo subiu as imaxes a unha web de contido pornográfico.

Varios pais denunciaran onte na comisaría da Policía Nacional que as gravara pola rúa por debaixo da roupa, unha práctica coñecida como 'upskirting'. Como consecuencia das denuncias abriuse unha investigación que levou a policía ata el. O home, de 34 anos, foi identificado grazas ao nome de usuario que figura no seu perfil do portal porno. Arestora, o contido desa páxina xa foi borrado.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018