CRTVG

Buscar

Detido o home que presuntamente gravou mozas polas rúas de Santiago

Publicado o 11/10/2018 17:29

Detido o home que presuntamente gravou mozas polas rúas de Santiago, dúas delas menores, e que logo subiu as imaxes a unha web de contido pornográfico. Varios pais denunciaran onte na comisaría da Policía Nacional que as gravara pola rúa por debaixo da roupa, unha práctica coñecida como 'upskirting'. A consecuencia das denuncias abriuse unha investigación que levou a policía ata el. O home, de 34 anos, foi identificado grazas ao nome de usuario que figura no seu perfil do portal porno. Arestora, o contido desa páxina xa foi borrado.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018