CRTVG

Buscar

O xoves comparece o home que acoitelou un inquilino ao que lle realugaba a vivenda na Coruña

Publicado o 03/01/2018 21:24

Segue detido na comandancia da Policía Nacional de Lonzas, na Coruña, o home que acoitelou un dos inquilinos aos que lle realugaba un cuarto da súa vivenda. Prevese que o presunto agresor pase a disposición do xuíz nas vindeiras horas. Os veciños din levar moito tempo denunciando os continuos altercados que se producen nese inmoble.

Un dos inquilinos e o presunto agresor, que lle realugaba un dos cuartos da vivenda, víronse envoltos nunha liorta neste inmoble da Ronda de Outeiro da Coruña. A vítima recibiu dúas coiteladas no tórax e outra nas costas. Pouco despois chegaba outro dos residentes do piso que quedou sen poder acceder á casa. 

Os veciños aseguran que levan tempo denunciando os continuos problemas e altercados que se suceden nese piso.

A vítima continúa en estado grave na Unidade de Coidados Intensivos do CHUAC. Prevese que o presunto agresor pase a disposición xudicial nas vindeiras horas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018