CRTVG

Buscar

Entrégase o fillo do hostaleiro que apareceu morto en Sanxenxo

Publicado o 04/12/2020 18:43

• O home apareceu morto preto dun accidente no que o mozo estaba implicado

 

En Sanxenxo, entrégase á Garda Civil o fillo do hostaleiro Ignacio Cal, que apareceu esta mañá morto á beira dunha estrada. O cadáver estaba a 30 metros dun accidente de tráfico no que estivera implicado antes o seu fillo. Pero en principio o seu falecemento non parece relacionado co sinistro.

O mozo entregouse despois de chocar con outro coche e fuxir do lugar do accidente. Ata aquí podemos consideralo un caso bastante habitual. 

Pero cando os axentes chegaran á zona atopáronse coa sorpresa de que a uns 30 metros do sinistro había un home morto. Era Ignacio Cal, un coñecido hostaleiro da vila e ademais o pai dun dos implicados no accidente. O home non ía en ningún dos vehículos nin foi atropelado. En principio crese que a súa morte non tivo relación directa co sinistro. Aínda que será a autopsia e a investigación as que aclaren os detalles pendentes.

O sinistro ocorreu ás sete da mañá na estrada que comunica Portonovo e Sanxenxo. Os servizos de emerxencia recibiron a alerta a través dun sistema automático instalado nun dos coches.

Pero cando chegaron ao lugar os axentes atoparon unha escea desconcertante. Dous coches chocaran entre eles e un dos condutores estaba fugado. A uns 30 metros do lugar había un home morto. Pero, en principio, o seu falecemento non parecía ter relación co accidente de tráfico. Trátase de Ignacio Cal, un coñecido hostaleiro da vila.

"Deu un golpe, non sei como o puido dar ou se llo deron, e caiu alí. Eu fun e vino alí, estaba tirado e achegueime aos axentes que estaban comprobando o corpo e déronlle a volta un pouco e vin que tiña un golpe na cara".

A investigación complicouse máis cando se soubo que o condutor fugado era fillo do falecido.A condutora do outro vehículo implicado é unha veciña da zona que xa puido declarar ante a Garda Civil.

Horas despois do sinistro, o fillo da vítima entregouse á Garda Civil. Seu pai non ía no coche nin foi atropelado. A relación co accidente non parece directa. Pero a autopsia e a propia investigación teñen aína algúns detalles por aclarar.

 

Noticias web

04/12/2020