CRTVG

Buscar

Detido o ex-alcalde socialista de Puertollano nunha operación anticorrupción

Publicado o 11/07/2018 21:26

Detido o ex-alcalde socialista de Puertollano e outras oito persoas nunha operación policial contra a corrupción. Investíganse presuntas irregularidades na construción dun campo de fútbol con fondos públicos.

Os axentes da UDEF comezaban a primeira hora da mañá un rexistro na casa consistorial de Puertollano, en Cidade Real, no  marco dunha nova operación contra a corrupción. a policía reclamou documentación polas supostas irregularidades nas obras do estadio de fútbol da localidade. Unhas obras que se realizaron no 2011 e que custaron 7 millóns de euros . A investigación apunta a que se desviaron fondos do Plan E, posto en marcha polo goberno de Zapatero. Ao pouco de comezar os rexistros, os axentes da UDEF procedían á detención de Joaquín Hermoso, o ex-alcalde socialista da cidade. 

Hermoso dimitiu como rexedor no ano 2013. Ten pendente un xuízo na Audiencia Provincial polos presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias na construción da praza de touros de Puertollano. 

O PSOE di que Joaquín Hermoso xa non ten vinculación co partido porque xa non é militante. O PP pide explicacións, tamén á actual alcaldesa, que formara parte do equipo de goberno de  Hermoso cando se produciron os feitos. Ademais do ex-alcalde socialista hai outros 8 arrestados e unha vintena de persoas investigadas no marco desta operación contra a corrupción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018