CRTVG

Buscar

Detido o conselleiro de OHL, López Madrid, no marco da operación Lezo

Publicado o 21/04/2017 14:00

A detención tivo lugar tras o rexistro na sede de OHL e obter indicios de que o empresario pagou a Ignacio González unha comisión de 1,4 millóns a través dun banco suízo

O empresario e conselleiro de OHL, Javier López Madrid, está en prisión tras ser detido no marco da operación Lezo.

López Madrid estaba de viaxe en Londres cando foi avisado de que estaba sendo investigado. Volveu a Madrid e ao chegar foi arrestado.

O xuíz Eloy Velasco foi quen ordenou deter o empresario ante os indicios recabados polos investigadores sobre o suposto pago a Ignacio González dunha comisión de 1,4 millóns de euros autorizada por López Madrid e que se levou a cabo a través dun banco con sede en Suíza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017