CRTVG

Buscar

Detido o autor do atropelo que lle custou a vida a un home que colocaba as cadeas do seu vehículo

Publicado o 20/01/2020 20:40
Detido o autor do atropelo que lle custou a vida a un home que colocaba as cadeas do seu vehículo

O autor do atropelo que onte lle custou a vida a un home que se atopaba colocando as cadeas do seu vehículo nas inmediacións da estación invernal asturiana de Fuentes de Invierno foi detido ao dar positivo en cánnabis.

Ao condutor, que ao parecer perdeu o control da furgoneta que conducía por mor da neve, practicóuselle a proba de alcoholemia, en que deu negativo, e de drogas, en que deu positivo en TCH, o psicoactivo do cánnabis, polo que foi detido por un delito de homicidio imprudente.

As dilixencias instruídas polo Instituto Armado, que investiga as causas do atropelo en que perdeu a vida o home de 44 anos en presenza da súa familia, foron remitidas ao xulgado de garda de Lena.

O accidente produciuse sobre as 11:00 horas da estrada AS-112, na vertente asturiana do porto de San Isidro, a uns dous quilómetros da estación invernal de Fuentes de Invierno. Nesta zona da estrada había varios condutores que se atopaban poñendo as cadeas aos seus coches para poder continuar circulando nesa zona do porto, no límite entre Asturias e León.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí