CRTVG

Buscar

Detido no Prat tras matar unha muller en Sant Joan Despí

Publicado o 28/01/2020 21:18

Todo apunta a que intentaba fuxir. A investigación e actuación dos Mossos impediuno. Trátase dun home de 45 anos e nacionalidade española que, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, non ten antecedentes xudiciais por agresión machista contra a súa parella. Porén, esta tarde chegaba da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero a confirmación de que o corpo sen vida que apareceu esta madrugada nunha vivenda deste edificio de Sant Joan Despí, é o corpo da sétima vítima da violencia machista deste ano 2020.

O Concello de Sant Joan Despí decretou tres días de loito e convocou un pleno extraordinario. Co crime machista xa confirmado, a rabia e a repulsa contra a violencia de xénero dos veciños da localidade barcelonesa facíase patente este mesmo serán nesta concentracion.

Sétima muller fallecida no que vai de 2020 a mans das súas parellas ou ex-parellas, cuarta en Cataluña e a número 1.040 desde que hai rexistros da violencia contra as mulleres.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020