CRTVG

Buscar

Detido no Carballiño o presunto responsable de lles causar lesións cun puño americano a dous menores

Publicado o 22/09/2021 15:13
Detido no Carballiño o presunto responsable de lles causar lesións cun puño americano a dous menores

Detido no Carballiño o presunto responsable de lles causar lesións cun puño americano a dous menores de Ourense. Trátase dun mozo de 23 anos, ao que se lle imputan dous delitos de lesións e outro de tenza de arma prohibida.

Segundo as investigacións realizadas pola Policía Nacional, na pelexa, que tivo lugar na madrugada do pasado 22 de agosto na praza ourensá do Trigo, participaron ao redor de 20 persoas, armadas con paus e botellas, ademais do puño americano.

Os axentes identificaron tamén o responsable doutra agresión que provocou unha fractura de mandíbula, a mesma noite, pero noutra zona da cidade.




 

Noticias web

22/09/2021