CRTVG

Buscar

Detido no Brasil un dos autores da matanza de Atocha

Publicado o 06/12/2018 22:34

A policía do Brasil detivo un dos autores da matanza dos avogados de Atocha en 1977, que estaba en busca e captura internacional. Trátase de Carlos García Juliá, que fora condenado a 193 anos de prisión como autor material de cinco asasinatos no despacho dos avogados laboralitas cando tiña 24 anos. García Juliá fuxiu de España durante un permiso outorgado no ano 1992, e anos despois foi condenado a prisión en Bolivia por tráfico de drogas. Axentes da Policía Nacional viaxaron ata O Brasil para tramitar a súa extradición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018