CRTVG

Buscar

Detido no aeroporto de Baraxas un home acusado de matar a súa parella en Almería

Publicado o 11/10/2018 09:34
Detido no aeroporto de Baraxas un home acusado de matar a súa parella en Almería

A Garda Civil detivo no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas un home acusado de matar a súa parella, cuxo cadáver foi achado nunha planta de reciclaxe da localidade almeriense de Gádor (Almería) por un operario do vertedoiro o 27 de setembro pasado.

O presunto autor do homicidio, un cidadán mauritano de 30 anos, foi arrestado na terminal 4 do aeroporto madrileño cando tentaba fuxir cara ao seu país, informou hoxe a Dirección Xeral da Garda Civil. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 4 de Almería, que decretou para el o ingreso en prisión comunicada e sen fianza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018