Detido en Ames un home como presunto autor de varios delitos de explotación sexual
Publicado o 08/07/2021 14:28
A Garda Civil detivo en Ames un home como presunto autor de varios delitos de explotación sexual de menores e contra a intimidade. Segundo os investigadores, o home realizaba fotos íntimas á filla menor da súa parella sen o seu consentimento. Ademais instalou un programa no seu ordenador para poder acceder a datos privados da rapaza e espiar as videochamadas que facía coas súas amigas. O home activaba a cámara do seu ordenador cando se decataba de que a menor se estaba mudando de roupa. Os axentes tamén atoparon videos que contiñan imaxes do detido mantendo relacións con outras parellas anteriores, sempre obtidas sen o consentimento das mulleres.