CRTVG

Buscar

Detido un madrileño con máis de 2,5 millóns de euros en droga nun control na autovía das Rías Baixas

Publicado o 15/11/2019 11:38

Nun control rutineiro, a Garda Civil logrou deter un home que viaxaba con máis de dous millóns de euros en droga en Ourense.

O control levouse a cabo na autovía das Rías Baixas, ao seu paso polo concello ourensán de San Cibrao. Os axentes déronlle o alto a un vehículo e ao ver que o condutor se poñía moi nervioso comezaron a examinalo a el e ao vehículo. Atoparon unha mochila. Dentro dela había 10 paquetes de cocaína dun quilo cada un. En total unhas 100.000 doses. No mercado terían un valor de preto de dous millóns e medio de euros.

O home, de 41 anos e natural de Madrid, quedou detido por un delito de tráfico de drogas. Está previsto que nas vindeiras horas pase a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019