CRTVG

Buscar

O profesor da USC Luciano Méndez vai ser procesado por un xulgado do Penal

Publicado o 08/05/2019 16:39
O profesor da USC Luciano Méndez vai ser procesado por un xulgado do Penal

O profesor da Universidade de Santiago Luciano Méndez, detido por un presunto caso de violencia machista vai ser xulgado polo Penal. Non houbo conformidade tras ser citado no Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, competente en Violencia sobre a Muller.

A prexudicada solicitou o arquivamento das dilixencias e non quixo que se acordase ningunha medida cautear. A Fiscalía, en base ás declaracións dos axentes, acusa por delito de maltrato de obra no ámbito da violencia de xénero do 153 do Código Penal.

Méndez fíxose famoso en toda España por publicar un vídeo en que defendía os integrantes de La Manada e facer declaracións en clase sobre o escote dunha alumna que provocaron unha protesta estudantil. 

Noticias web

08/05/2019