CRTVG

Buscar

Detido en Zaragoza un condutor que se gravou circulando a 220 km/h

Publicado o 29/02/2020 12:42
Detido en Zaragoza un condutor que se gravou circulando a 220 km/h

A Garda Civil localiza un condutor que se gravou circulando a 220 km/h pola autovía, en paralelo ás vías do tren polas que circulaba o Ave. Foi en Zaragoza. Trátase dun home de 32 anos que está sendo investigado por un delito contra a seguridade viaria. Nas imaxes podemos ver como circula en paralelo á vía do tren, cruzándose con outros usuarios, e xactándose da velocidade alcanzada en comparación coa do tren. Este é o vídeo que subiu ás redes sociais e que permitiu que a Garda Civil dera con el.