CRTVG

Buscar

Detido en Vitoria por deixar inconsciente a unha muller dun puñazo

Publicado o 10/08/2019 21:09

Un individuo de 28 anos foi detido este sábado en Vitoria por deixar inconsciente a unha muller, á que propinou un puñazo, despois de que ela lle recriminase por realizarlle tocamentos de índole sexual. O incidente tivo lugar despois das cinco da madrugada na capital alavesa.

O concello activou o Protocolo de Resposta Pública diante da Violencia Machista para solicitar toda a información e coordinar a resposta institucional e a atención á vítima e a súa contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019