CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un mozo de 26 anos que disparou contra un céntrico hotel da cidade

Publicado o 28/05/2019 20:21

Detido en Vigo un mozo de 26 anos que disparou contra un céntrico hotel da cidade. Os empregados de limpeza observaron danos nos cristais de varias ventás da segunda planta que lles pareceu que era por impacto de bala. A policía investigou a traxectoria dos proxectís e identificaron o autor, ao que detiveron na súa vivenda. Alí atoparon unha pistola de aire comprimido, 24 botellas de aire e unha bolsa de perdigóns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019