CRTVG

Buscar

Detido por tentar atropelar uns mozos nunha terraza en Vigo

Publicado o 18/11/2019 16:30

Os feitos sucederon de madrugada na parroquia viguesa de Oia. Uns mozos que se atopaban na terraza dunha cervexería viron como un coche se achegaba a gran velocidade e bateu contra a fachada do establecemento. Os mozos tiveron que apartar para evitar que os atropelase.

O home, de 35 anos, baixou do vehículo para comprobar os danos e recrimináronlle os feitos. Fixo caso omiso, montou no vehículo e foi cando intentou levalos por diante. A dous deles alcanzounos, a un pasoulle a roda polo pé dereito e o outro golpeouno nun cóbado. O home escapou e atopárono preto do lugar dos feitos. Negouse a facer a proba de alcolemia en varias ocasións e a Policía Local detívoo. Os dous mozos foron atendidos no Hospital Povisa de Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí