Detido en Vigo un home que tiña catro requisitorias xudiciais e policiais
Publicado o 17/06/2020 15:11
A Policía Nacional detivo en Vigo un home reclamado pola xustiza que se ocultaba nunha vivenda do centro da cidade.
O arrestado, de 36 anos, tiña catro citacións xudiciais e policiais pendentes. É un vello coñecido das forzas de seguridade. Os axentes tiveron coñecemento de que estaba a vivir nunha casa da rúa Redomeira e estableceron un dispostivo de vixilancia. O delincuente foi detido cando saía do inmoble acompañado doutra persoa.