CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un home que, supostamente, intentou levar á forza un neno de 9 anos

Publicado o 07/08/2019 12:49

Detido en Vigo un home que, supostamente, intentou levar á forza un neno de 9 anos. Foi na rúa Pateira.

Segundo a declaración dos pais do menor ante a Policía Local, o individuo, ao que non coñecían de nada, agarrou polo brazo o pequeno contra a súa vontade coa intención de arrastralo ata unha zona arborizada. Algo que impediron os proxenitores, que enseguida alertaron as forzas de seguridade. Os axentes procederon ao arresto do home, que se negou a declarar sobre o acontecido. Está acusado dun suposto delito de detención ilegal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019