CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un home por tentar matar outro nunha liorta na rúa

Publicado o 15/07/2019 17:35
Detido en Vigo un home por tentar matar outro nunha liorta na rúa

A Policía Nacional detivo en Vigo un home acusado de intentar matar outro. Foi unha chamada ao 091 a que alertou dunha liorta entre dous homes no Parque de Camelias, na rúa López Mora. Un deles quedou ferido e tivo que ser atendido por lesións cunha arma branca. O outro foi detido e trasladado á comisaría acusado de homicidio en grao de tentativa.

Ao parecer, os dous xa se coñecían antes da liorta, que comezaron porque o suposto agresor lle pediu droga. O detido non ten antecedentes policiais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019