CRTVG

Buscar

Detido en Vigo tras pechar a súa parella no baño

Publicado o 17/09/2019 18:23
Detido en Vigo tras pechar a súa parella no baño

Pechou no baño e inmobilizou a súa parella. Detivérono en Vigo por este acto de violencia machista. Os feitos ocorreron nun domicilio da zona de Camelias.

Foi un viandante o que alertou as forzas de seguridade despois de ver como unha muller era introducida á forza nun portal. Cando a policía chegou ao lugar o home tratou de impedirlle o paso.

Unha vez liberada, a vítima confirmou que cando ía saír do domicilio a súa parella impediullo tapándolle a boca con forza e pechándoa no baño.

O home está acusado dun suposto delito de violencia sobre a muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí