CRTVG

Buscar

A policía detén un home en Vigo por intentar estrangular a súa parella

Publicado o 15/05/2019 16:31

A Policía Local de Vigo detivo un home de 43 anos por intentar estrangular, supostamente, a súa parella, e impedirlle saír do domicilio que compartían. Foi a propia vítima a que se presentou en dependencias policiais para informar da agresión, aínda que manifestou que non quería denuncialo. Posteriormente recibiu a asistencia dun axente da Unidade de Protección contra o Maltrato.

Segundo a muller, o home agarrouna polo pescozo e a golpeouna en repetidas ocasións. Despois marchou do domicilio e comezou a acosala a través de mensaxes de móbil. O suposto agresor xa pasou a disposición xudicial.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí