CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por unha presunta estafa na venda de material sanitario

Publicado o 25/04/2020 11:28

A Garda Civil detivo en Vigo a D. V. I., de 26 anos de idade, por presunta estafa na venda online de material sanitario.

A investigación comezou no mes de marzo logo de varias denuncias presentadas por residencias de maiores na provincia de Burgos nas que aseguraban que foran vítimas dunha estafa por parte dunha empresa que facía publicidade de material "de protección específica contra o contaxio do coronavirus"

Os axentes comezaron unha investigación que os levou ata unha empresa de Vigo e comprobaron que se trataba dun entramado virtual creado polo detido. Usaba ata sete contas bancarias e unha aplicación de xestión de pagos seguros, na que recibiu máis de 2.500 transaccións por valor superior aos 100.000 euros.

Esta empresa de pago online recibiu ata o de agora 753 reclamacións, polo que se agarda que haxa un gran número de afectados. 

Noticias web

25/04/2020